Arquivo | Leiro RSS feed for this section

Festas de Leiro 2018

9 Out

Se andas con mono de festa, non te preocupes porque a parroquia de Leiro celebra as súas grandes festas parroquias. E faino, como todos os anos, por todo o alto.

Seguir lendo

Festas de Leiro 2017

12 Out

Xa está aquí o cartel coa programación das festas de Leiro 2017

Seguir lendo

Fotos do I Tríatlon Concello de Rianxo

7 Set

IMG_7823

O sábado 2 de setembro tivo lugar o I Tríatlon Concello de Rianxo. Trátase dunha proba onde os deportistas que compiten combinan natación, ciclismo e carreira a pé.

Seguir lendo

Por que levar un neno a un dos colexios rurais de Rianxo?

7 Xul

No noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.

Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.

Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.

Imaxes do entroido no CRA Rianxo Irmáns Ínsua, celebrado en Leiro

1 Mar

Este ano o entroido vén cargadiño de fotos. Desta vez é a ANPA do Colexio Rural Agrupado Irmáns Ínsua de Rianxo quen nos facilita as imaxes da festividade. Este ano os centro a celebración tivo lugar na escola de Abuín, en Rianxo. O CRA de Rianxo abarca as escolas rurais de Cuvide, Cruceiro, Outeiro, A Capela, O Pazo, Rañó, Abuín e Quintáns.

Seguir lendo

Imaxe

Festas de Leiro 2016

15 Out

Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak

28 Ago

costa 003

Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.

Seguir lendo

Antonio Fachado

3 Xul

antonio_fachado

Hoxe publicamos a foto de Antonio Fachado, que vivía xunto á súa muller Evangelina Cespón en Brión xunto ao cruceiro que vai camiño da praia das Cunchas. A imaxe é cortesía da súa neta Marga Fachado.

40 anos do descubrimento do casco de ouro de Leiro

4 Abr

Esta semana cúmprense 40 anos dende que José María Vicente, un veciño de Leiro, atopou o famoso casco de ouro. Para celebrar este aniversario, o xoves 7 de abril terá lugar unha mesa redonda no Auditorio Municipal, ás 20 horas, onde estará o propio descubridor, o xornalista e experto Manuel Gago, a doutora e profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador ou o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena Puentes.

Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente.

Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo

25 Feb

23022016-saida (2)

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.

Seguir lendo