Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo

25 Feb

23022016-saida (2)

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.

E aquí tedes os álbumes de fotos completos onde de seguro que nalgunha aparecedes:

CRÓNICA:

21022016-andaina (1)

Comentar que de novo foi un éxito, como o demostran as cifras, xa que houbo máis de 760 participantes, entre amantes da bicicleta de montaña e sendeiristas. Aos que hai que sumar outras 50 persoas da organización. O mérito, como non, da Asociación Castro Barbudo por facer en só catro anos deste evento unha das referencias en Galicia, a Asociación Pateando por implicarse e que ao final todo o mundo poida desfrutar do montaña, sexa andando ou en bici e, como non, ao Concello de Rianxo, a Policía, Protección Civil…

21022016-saida

Ás 9.20 da mañá, de forma muy puntual, saíron os da andaina, moitos deles acompañados de cans, polo que non é só unha actividade deportiva, senón tamén de ocio. E só 10 minutos despois partiron os corredores da BTT. O día, todo hai que dicilo, estaba espectacular e puidéronse desfrutar das paisaxes rianxeiras, a diferenza doutros anos nos que a chuvia e a lama pedían un descanso ao corpo.

A andaina, ademais, convertiuse nun acto para reivindicar o mar e para preparar o que vai ser a gran manifestación contra o anteproxecto da lei de acuicultura, contra a que xa se manifestou todo o sector.

MAR

Velaquí tedes a subida ao Monte da Pena, coa ría de Arousa de fondo e a serpe de participantes tirando para arriba:

21022016-pena (1)

E aquí unha das rampas máis duras, onde poucos podían subir sen poñer o pé no chan. É o monte da Lioira.

23022016-lioira (1)23022016-lioira (2)

Pasados eses tramos, por fin chegaba o momento de repoñer forzas no avituallamento:

23022016-avituallamento (2)23022016-avituallamento (1)

Pero aínda quedaba moito por diante, e os participantes da BTT non se aburriron, tendo que demostrar o seu control da técnica, como no Camiño de Cabalos:

21022016-cabalos (2)21022016-cabalos (1)

Aquí podemos ver aos primeiros da ruta de 70 kilómetros, moi preto do segundo avituallamento:

21022016-muralla (2)21022016-muralla (1)

E aquí xa subindo ao Pico Muralla. A pesar do alto desnivel, algún mesmo se atrevía a facer un cabaliño e todo. Vese que no avituallamento daban ben de comer 😉

21022016-muralla pico (2)21022016-muralla pico (1)

Na zona do Pico Muralla a organización, ademais, creou un circuíto nunha zona de piñeiros, de novo para demostrar o control dos participantes:

21022016-circuito (1)21022016-circuito (2)

E aquí temos o momento da meta, onde os camiñantes chegaban tras facer 20 quilómetros a pé. Uns campións:

21022016-andaina (2)

Os corredores da BTT foron chegando aos poucos, segundo a duración da súa ruta, polo que ás 15.30 aínda seguían chegando algúns, pola dureza dalgún dos percorridos, para xente de moi alta preparación.

21022016-meta (1)

E aquí tedes a entrega de trofeos. Nos dous casos recibiron por primeira vez o galardón. Aquí tedes á campioa feminina, a Lara Lois García:

ganhadoraBTT

Na categoría masculina, o gañador foi o local Iván Pereira: 21022016-meta (2)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: