Hai 15 días, o lugar de Pousada, no Araño, volveu recuperar o seu cruceiro, despois de que no ano 2009 se partise. O motivo foi un temporal, que provocou que caese ao chan, partíndose en varios cachos, como se pode ver nas imaxes.
Seguir lendo
Restauración do cruceiro de Pousada, no Araño
5 XuñComo eran as imaxes da capela do cruceiro de Meiquiz antes do roubo
6 XulQueremos agradecer a José Luís do Pico Orjais que nos pasara esta imaxes a raíz do post sobre o cruceiro de Meiquiz. Pertencen a unha colección de fotografías realizada polo profesorado e polo alumnado do colexio Brea Segade de Taragoña.
Trátase de instantáneas realizadas antes do 2002, aínda que non sabemos a data concreta. De todos os xeitos, grazas a elas pode apreciarse claramente como eran as tres figuras roubadas.
O cruceiro de capela de Meiquiz
5 XulEn Rianxo temos moitos e moi variados cruceiros. Un dos máis antigos está na aldea de Meiquiz, en Leiro, e data de 1651. É dicir, que ten máis de 350 anos de historia ás súas costas. Curiosamente, foi hai non moito tempo, o 1 de maio de 2002, cando sufríu o roubo das imaxes da súa pequena capela.
Cruceiro de Pastoriza I
25 XulO cruceiro en Taragoña expropiado do dominio público
27 AgoEste cruceiro está moi preto do centro sociocultural de Taragoña aínda que dentro dunha finca privada, como se pode ver na imaxe. É un fermoso cruceiro de capela:
Grazas aos vosos comentarios, puidemos saber que antes estaba en dominio público. Estaba metro e medio fóra da finca, e o dono da finca apropiouse del no ano 1970. Alucinante que calquera persoa poida facer iso co noso patrimonio, e aínda por riba á vista de todo o mundo.
O ecce homo rianxeiro: o estraño cruceiro da praza de Brión
21 AgoEn Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.
Cruceiro da Fonte de Brión
23 MaiPolo que puiden ler en Os cruceiros de capela: V. Concello de Rianxo (I) de Clodio González Pérez, o cruceiro da Fonte de Brión data do ano 1667. Ou así o datou cando menos Castelao.

Fonte: http://ir.gl/CRA-Rianxo