Hoxe recompilamos neste post unha serie de fotos antigas do noso concello con grupos de persoas.
Na nosa páxina do facebook, Marisa Otero compartiu unhas fotos antigas dos seus pais, que eran mestres. Sirva tamén de homenaxe ao pai de Marisa, Jesús Otero, que faleceu esta semana.
Sempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.