Arquivo | igrexas/capelas RSS feed for this section

Fotos da reitorial de Isorna

17 Xul

reitoral (2)

Hai un tempo publicamos por aquí imaxes do hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo. Pois ben, hoxe queremos colgar as imaxes do resto do conxunto do que forma parte, da fermosa reitoral onde podemos atopar pezas únicas como un retrete de pedra que daba directamente ao rego que discurría por detrás da finca, algo pouco habitual naqueles tempos.

Agradecerlle de novo ao arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto e ao antigo sacristán da parroquia por poder gozar dunha visita única a un sitio realmente fermoso.

Seguir lendo

Capela da Guadalupe no Nadal 2015

25 Dec

Velaquí como loce a capela da Guadalupe nestas festas.

capela guadalupe

Semana Santa Rianxo 2014 (Desencravo e Santo Enterro)

23 Abr

6

Imos acabar hoxe a serie fotográfica da Semana Santa rianxeira 2014, coas fotos  do Desencravo celebrado o venres pola tarde na Praza de Rafael Dieste.

Seguir lendo

Semana Santa 2014 (Santo Encontro)

22 Abr

IMG_0164 copia

Hoxe tócalle o turno ó Santo Encontro do venres pola mañá. Coido foi a procesión que máis xente xuntou de todas as que houbo esta Semana Santa en Rianxo. Aí van unhas fotiños:

Seguir lendo

Semana Santa de Rianxo 2014: Xoves Santo

21 Abr

IMG_0001 copia

Imos hoxe coas fotos da procesión do pasado xoves (Xoves Santo) en Rianxo, na que puidemos ver escenificada a última cea previa ó apresamento de Xesús.

Seguir lendo

Semana Santa 2014 (Vía Crucis)

20 Abr

IMG_0002 copia

Unha vez pasada a Semana Santa rianxeira, comezamos coas fotos que fomos facendo estes días. O primeiro álbum de foto é do mércores noite, co Vía Crucis, que estivo marcado pola retrasmisión do partido Barça-Madrid, pois moita da xente deixouse quedar nos bares da vila e da que ía na procesión, moita dela ía máis pendente do que pasaba no partido que da procesión en si 🙂

Seguir lendo

Capela de San Xoán da Hermida

2 Xul

Foto antiga da Ermida de San Bartolomeu

27 Abr

Grazas a internet, ás veces podemos atopar pequenas xoias como esta, unha imaxe antiga da Ermida de San Bartolomeu, na que aparece practicamente abandonada, sen tellado e en condicións moi lamentables. Por sorte, foi restaurada e a súa imaxe, hoxe en día, é moi distinta da que podemos ver aquí:

Foto de A. Barbeito

Darlle as grazas a Xoán Antón Castro por pasarme a referencia.

Igrexa de Santa Baia do Araño

30 Ago

Velaquí unhas cantas imaxes da igrexa do Araño.

A praza de Rafael Dieste

20 Ago

Desta vez tocou xogar un pouco co branco e negro. Velaquí tedes a praza de Rafael Dieste, coa igrexa de Santa Comba ao fondo e o pazo de Martelo no lateral.