Unha vez pasada a Semana Santa rianxeira, comezamos coas fotos que fomos facendo estes días. O primeiro álbum de foto é do mércores noite, co Vía Crucis, que estivo marcado pola retrasmisión do partido Barça-Madrid, pois moita da xente deixouse quedar nos bares da vila e da que ía na procesión, moita dela ía máis pendente do que pasaba no partido que da procesión en si 🙂
Foi estraño ver Rianxo cheo destas cruces de madeira co seu círio de carón por todo o percorrido da procesión, as cales ían recollendo ó paso da mesma.
Tamén tivemos oportunidade de poder escapar un chisquiño antes de que rematase o percorrido para poder afotar a igrexa parroquial sen unha alma.
Deixar unha resposta