O pasado sábado, 12 de abril, celebrouse na nosa localidade a I Regata de Kayak de Rianxo. Aquí vos deixamos algunhas estupendas fotografías realizadas por Xigui. Iso si, trátase dunhas poucas imaxes que forman parten dun completo álbum que podedes visitar en tufutografia.es
A regata estaba organizada polo Club Piragüismo Rianxo e a Federación Galega de Piragüismo. Contaba co patrocinio e colaboración do Concello de Rianxo e Conserveira de Rianxo, S.A., formando parte da XV Liga Galega de Kayak de Mar (I Copa SIPRE).
Como podemos ver nas fotos sacadas por Xigui, había moitísimos kayistas inscritos. En total, 250 deportistas que participaron nas distintas modalidades de kayak e padel surf, e tamén segundo categorías (cadete, xuvenil, senior e veterano). O circuíto tiña 5 quilómetros de lonxitude.
Tamén houbo rianxeiros participando. É máis, soubemos que o deportista local Tino Rodríguez gañou a proba na categoría K-1. Como gañadores absolutos, quedaron os kayistas do Club de Mar Ría de Aldán.
Había palistas de moitísimo nivel. E para mostra Carlos Pérez Rial, Perucho, campión e medalla de ouro nas Olimpiadas de Pekín. Aquí o vemos noutra das fotos de Xigui, que ademais ese día estaba de cumpreanos. Celebrouno do mellor xeito posible, quedando de primeiro.
Deixar unha resposta