Esta fin de semana, disputouse en Meira (Pontevedra) o Campionato Galego de Bateis, no que participou o Club de Remo Rianxo.
Fotos, vídeos e crónica da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo
5 FebUn ano máis, as pistas da nosa localidade enchéronse de deportistas con ganas de pasalo ben. Eran os participantes da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada polo clube Castro Barbudo, coa colaboración do Concello. Estaban apuntados nin máis nin menos que 864 participantes (206 na andaina e 658 na proba de bicicleta de montaña).
600 inscritos xa para a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo
20 XanUn ano máis en febreiro terá lugar a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo de primeiro nivel na localidade, xa que cada ano acoden centos de persoas de toda a xeografía. No 2017 houbo unha inscrición de 700 participantes e este ano xa a subiron a 1.000.
Fotos do I Tríatlon Concello de Rianxo
7 SetO sábado 2 de setembro tivo lugar o I Tríatlon Concello de Rianxo. Trátase dunha proba onde os deportistas que compiten combinan natación, ciclismo e carreira a pé.
Fotos do III Slálom Concello de Rianxo
6 SetPor terceiro ano consecutivo as rúas do polígono de Te convertéronse nun circuíto no que demostrar non só quen é o máis rápido, senón quen é o máis hábil ao volante.
Fotos do IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo
26 Ago
Imaxe de Club Xadrez Rianxo
Un ano máis, e van nove, celebrouse o IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo e a Concellería de Deportes. Participaron preto de 300 deportistas nun evento no que había 2.000 euros en premios.
Fotos da XVIII Subida Castro Barbudo
7 AgoUn ano máis a Peña Cicloturista Castro Barbudo celebrou a súa proba máis veterana, que chegaba á maioría de idade. Desta vez chegou con novidades, xa que en lugar do sábado á tarde se desenvolveu durante a mañá do domingo. Ademais, había dúas categorías, a habitual marcha cicloturista, duns 31 quilómetros, e unha ruta de 62 kilómetros, puntuable para o Open De Galicia Xcm.
Fotos e crónica do II Trail Subida Pico Muralla “Concello de Rianxo”
25 XulO 23 de xullo tivo lugar o II Trail Subida ao Pico Muralla, organizado polo Concello. En Rianxo déronse cita preto de 120 participantes. Saíron de Setefogas polo paseo marítimo ata o paseo do río Te, para chegar a preto do Pozo Bastón e, dende aí, subir e subir ata o Pico Muralla. Nin máis nin menos que 670 de desnivel, un exercicio non apto para todas as pernas.