Un ano máis en febreiro terá lugar a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo de primeiro nivel na localidade, xa que cada ano acoden centos de persoas de toda a xeografía. No 2017 houbo unha inscrición de 700 participantes e este ano xa a subiron a 1.000.
De novo a organización volve deixar o nivel moi alto. Establece en 800 os ciclistas que poden inscribirse na marcha BTT e en 200 os participantes da andaina. E dende logo que van a bo ritmo, xa que a día de hoxe van uns inscritos (456 para a proba da bici de montaña e 142 para a camiñata).
Os que desexen unirse, poden inscribirse dende as seguintes ligazóns antes do 1 de febreiro:
Distancias
O percorrido da andaina será de 19 quilómetros. Dende aquí podes ver o percorrido, que partirá do porto de Rianxo ás 9 da mañá. Seguirá polo paseo marítimo ata a senda do río Te, continuando ata a Castiñeiriña, onde se collerá por debaixo do Lioira, para cruzar cara a Leiro preto do monte da Pena, seguindo por Abuín e collendo xa o litoral na praia das Cunchas, de volta a Rianxo.
Pola súa banda, os que prefiran a bicicleta de montaña teñen á súa disposición tres rutas:
- a curta, de 29 kms e un desnivel de 430 metros: sae do porto de Rianxo arredor das 9 da mañá e, ao pasar o Pazo, colle cara o Monte da Pena, tirando despois por Or (Leiro), para atravesar por debaixo da autovía cara a Asados e ir ata o Alto da Paradegua por debaixo do Lioira. Dende aí collerase cara a Foxacos, a Castiñeiriña e seguirase pola senda do río Te preto do Batán, para rematar na praia da Torre e seguir o paseo marítimo cara a Rianxo.
- a media, de 46 kms e un desnivel de 1.190 metros: a ruta é a mesma que a anteiror ata Or, pero en lugar de atravesar a autovía tira cara a Meiquiz e Isorna. Despois colle tamén ata o Alto da Paradegua, vai por Teaio ata A Chisca, para despois coller polo medio do monte por preto da Ferrería e da Ermida, ata enlazar ca Castiñeira e coa parte final da ruta curta.
- a longa, de 65 kms e un desnivel de 1.900 metros: coincide coa ruta anterior ata a Chisca, a partir de onde comezar a coller metros e metros para arriba. Así vai polo Miradoiro do Pedregal, Espiñeira, Fufelo e O Faro, para despois tirar cara o Pico Muralla, Saramogoso, Pastoriza ou Ourille. Dende aí xa baixa ata a Laxe e colle despois cara a Torre e o paseo marítimo de Rianxo. Non apto para pernas frouxas.
Deixar unha resposta