Un ano máis, as pistas da nosa localidade enchéronse de deportistas con ganas de pasalo ben. Eran os participantes da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada polo clube Castro Barbudo, coa colaboración do Concello. Estaban apuntados nin máis nin menos que 864 participantes (206 na andaina e 658 na proba de bicicleta de montaña).
Hai que dicir que o día amenceu frío. Moi frío. E con algo de chuvia. De feito, non facía falta máis que ver a cara de Xusto, o concelleiro de Deportes.
En todo caso, a xente estaba con ganas de pasalo ben. Así que ao mal tempo, boa cara.
Iso si, como dicía Lara, a gañadora da proba BTT do ano pasado tras finalizar a proba, “a próxima fechade as portas para que non entre corrente na Muralla”. Porque ademais de boas paisaxes e unha ruta estupenda, os participantes desfrutaron da lama e da nubes, aínda que a media mañá o sol se deixou ver.
Os participantes destacaron sobre todo a espectacularidade da ruta e a boa organización, o que fixo que o frío non fora o único no que pensar.
Unha das zonas que máis gustou, como non, foi a beira do río Te, por onde tamén discurriu a andaina.
En todo caso, había que pensar na meta. E que alegría se levaron os que viron que alí os agardaba unha filloas con chocolate quente. Iso si que foi gloria bendita.
Ademais, os gañadores tamén recordarán con cariño a xornada:
Aquí tedes o enlace a todas as imaxes, que están no Facebook da Concellería de Deportes de Rianxo e que foron quitadas por Difusion ProSport.
Deixar unha resposta