Esta fin de semana, disputouse en Meira (Pontevedra) o Campionato Galego de Bateis, no que participou o Club de Remo Rianxo.
O sábado pola tarde tiveron lugar as tandas clasificatorias para a final, que se celebrou o domingo ó longo da mañá (as fotos que e compartimos son de ditas finais do domingo)
Os resultados de Rianxo foron moi positivos:
- 2º posto en cadete feminino
- 4º posto en xuvenil feminino
- 1º posto en alevín masculino
- 5º posto en cadete masculino
- 5º posto en xuvenil masculino
Velaquí algunhas imaxes da celebración:
Os nosos deportistas foron recibidos ás portas do concello de Rianxo por Adelina Ces, Tenende de Alcalde e por Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes e Patrimonio.
A vindeira semana, disputarase en Teis o Campionato de España de Bateis 2019, no que Rianxo participará coa categoría de Cadete feminino, ó cal lle desexamos a maior sorte do mundo.
AUPA RIANXO!
Deixar unha resposta