Van alá 5 anos dende que botaron abaixo o antigo “edificio da farmacia” e queremos lembrar convosco como foi a súa demolición.
O edificio da “farmacia”
14 MaiParticipación de Rianxo no Campionato Galego de Bateis 2019
22 AbrEsta fin de semana, disputouse en Meira (Pontevedra) o Campionato Galego de Bateis, no que participou o Club de Remo Rianxo.
Abrir Rianxo ao mundo
11 XuñEste curso escolar, o centro CEIP ADR Castelao de Rianxo comezou a traballar coa metodoloxía de tratamento integrado das Linguas (TIL) no que participa todo o profesorado e os equipos do centro, a Biblioteca Escolar, o EDLG… Para comezar esta andaina, decidiuse que os nenos e nenas coñeceran a súa contorna máis próxima, Rianxo.
Baixo o lema “Abrir Rianxo ao mundo”, cada aula ou nivel elaborou distintos materiais relacionados con esta temática que podedes ver no Auditorio Municipal ata o 21 de xuño.
Hai materiais moi diversos: carteis con información sobre as parroquias, lendas, traballos de investigación, materiais elaborados cunha impresora 3D, xogos de preguntas, taboleiro para usar os “escornabots” (robots), libros de poesía, de contos, un video-roteiro…
Para inaugurar a exposición, o pasado venres 8 de xuño o alumnado de sexto de primaria representoulles ao resto dos compañeiros Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
Fotos e crónica do concerto do XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo
21 MaiNon era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.
XVIII Autocross O Castro
4 MaiO sábado pasado celebrouse no circuito de O Castro en Taragoña o XVIII Autocross O Castro.
Durante todo o día sucedéronse as diferentes tandas eliminatorias e a iso das seis da tarde pasaron a disputarse as finais, das cales vos deixamos unha pequena galería do que alí poidemos ver e disfrutar:
Os Rockensteins
20 MarO doutor Rockenstein, é un melómano que ve como a música rock está a deixar de existir. Para remedialo, tenta dar vida a un ser que o axude a arranxar isto. Mestura na súa máquina un disco dos Kiss, un rizo de Tina Turner, un calcetín do cantante de AC/DD… e consegue, non un ser, senón tres cos que trata de acabar co mal momento do rock.
Día das carrozas de entroido en Taragoña 2017
14 Mar
O pasado sábado 11 de marzo pola tarde celebrouse en Campo de Pasos, o tradicional desfile de carrozas e entroido que este ano tivo que ser adíado unha semana por mor do tempo. Aquí vos deixamos unhas cantas instantáneas do que por alí se viu así como a entrega de premios.
Martes de entroido 2017
1 MarDeixámovos unhas cantas instantaneas do que deu de si o martes de entroido rianxeiro, con exhibición de Capoeira, obradoiro de caroutas, bingo…
Video promoción Rianxo
19 XanVideo que se fixo de Rianxo para promocionar o concello na feira Fitur, que se está a celebrar estes días en Madrid.