Tag Archives: Silvia Ferre

Fotos e crónica do concerto do XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo

21 Mai

IMG_2346

Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.

Seguir lendo

“Unha noite de amor con Lela”, o disco da Banda da Escola de Música de Rianxo

24 Mar

Antes de nada, queremos dar as grazas a Fran, de O lecer fai culleres (onde podedes atopar estupendos calendarios e camisetas de Rianxo), por pasarnos estas imaxes. Forman parte dun pequeno momento histórico, da gravación no Auditorio de Galicia de “Unha noite de amor con Lela”, o disco da Banda da Escola de Música de Rianxo. Tomate nota, porque se presentará a finais do mes de maio nun concerto na praza de Castelao.

Seguir lendo