Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.
“Unha noite de amor con Lela”, o disco da Banda da Escola de Música de Rianxo
24 MarAntes de nada, queremos dar as grazas a Fran, de O lecer fai culleres (onde podedes atopar estupendos calendarios e camisetas de Rianxo), por pasarnos estas imaxes. Forman parte dun pequeno momento histórico, da gravación no Auditorio de Galicia de “Unha noite de amor con Lela”, o disco da Banda da Escola de Música de Rianxo. Tomate nota, porque se presentará a finais do mes de maio nun concerto na praza de Castelao.
A banda da Escola de Música de Rianxo cumpre 10 anos
13 MaiCon motivo do X aniversario da banda Escola de Música de Rianxo, tivemos o pracer de asistir o sábado 11 de maio a un expectacular concerto da banda interpretando duas composicións de Johan Meij.
A primeira foi Aquarium, que viu precedida dunha proxección na que o propio autor das obras saudou a banda.
Logo, e ante un auditorio abarrotado até a bandeira, a banda deleitounos coa sinfonía nº1 do Señor dos Aneis.
Cabe dicir que o auditorio se quedou pequeno, tanto pola xente que tentou entrar para ver o concerto como para os propios integrantes da banda que estaban cubrindo cada centímetro do escenario.
Logo da interpretación das obras interviron o presidente da banda Tobías Betanzos, e a concelleira de cultura Hadriana Ordóñez, que se afanaron en loubar o labor da banda nestes anos.
Como colofón final houbo unha interpretación da Marcha Ceremonial do rianxeiro Antón Alcalde.
Precederon os saúdos do director da banda Rafael Collazo:
E o saúdo de toda a banda ao público asistente ao concerto:
Dende aquí non nos queda míais que desexarlle á Banda da Escola de Música de Rianxo moitos anos máis de vida!!!