Tag Archives: concerto

Fotos e crónica do concerto do XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo

21 Mai

IMG_2346

Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.

Seguir lendo

Presentación do disco Once Badaladas

27 Abr

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, organiza o 4 de maio concerto-presentación do disco Once Badaladas da agrupación Alvariza. Será no Auditorio de Rianxo a partir das 19:00 h. Alí poderán mercarse as entradas (1€) e entrar no sorteo de 2 CDs de Alvariza.

Concerto e inchables en Isorna

27 Abr

 

Este xoves, 1 de maio, en Isorna, haberá un concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo. Realizarase no Souto de Isorna e, dende as 16.00h haberá inchables, xogos e obradoiros. No evento, no que colabora o Toffe, poderase desfrutar do concerto a partir das 18.00h

Fotos do concerto de Roi Casal en Rianxo

3 Feb

O auditorio de Rianxo tivo a honra de acoller o inicio da xira 2013 de Roi Casal.

Teño que dicir que ao principio pensei que a afluencia non sería moi alta. Sempre somos de queixarnos de todo, de querer todo gratis e tendo en conta de que se trataba dun concerto de pagamento, moita xente tírase para atrás. E xa digo que a falta de 5 minutos para o comezo do concerto, había unhas 60 persoas no auditorio. Pero, sorprendentemente (ben por Rianxo), ao final vendéronse unhas 215 entradas, polo que non estivo nada mal.

roicasal1 (1 de 1)

Roi Casal e todos os membros dos grupos comezaron cunha canción que el mesmo definiu como “macarrada”, pero bastante animada.

roicasal2 (1 de 1)

Teño que dicir que o que máis me gustou foi sobre todo a voz de Silvia Ferre, da que ademais me enterei que é rianxeira de adopción (e asturiana de nacemento). Roi canta ben e toca de marabilla, pero a voz de Silvia é deliciosa e enche os oídos, regalándonos momentos impresionantes.

roicasal3 (1 de 1)

roicasal4 (1 de 1)

Entre canción e canción Roi confesábanos que os xornalistas moitas veces chamábano sen saber que tipo de música facía, pensando que era música “intimista”, por iso de que toca a arpa (ademais de moitos outros instrumentos). Pois non, toca sobre todo música galega de tipo pop, aínda que nunca canción se marcou un dúo zanfona-guitarra eléctrica que era puro rock. Si que houbo un momento intimista, cando con só a arpa e a voz de Silvia cantaron unha canción de cuna que Roi compuxo para o seu fillo.

roicasal5 (1 de 1)

roicasal6 (1 de 1)

roicasal7 (1 de 1)

roicasal8 (1 de 1)

Ao final do concerto case todo o auditorio acabou bailando a última das cancións do repertorio de Roi Casal e o aplauso foi enorme. Por certo, que o pianista é rianxeiro, Alfredo Susavila.

roicasal9 (1 de 1)

Teño que dicir que me encantou a voz de Silvia Ferre, pero que na canción “Maxicamente vello”, Roi Casal me puxo a pel de galiña. Aquí vos deixo un vídeo de Youtube:

Non perdades o concerto de Fol de Veneno

9 Ago

Este sábado 11 de agosto, ás 22.30 horas no Campo de Arriba, non perdades o concerto o concerto de Fol de Veneno. Na súa web poidades escoitar unha mostra da súa música, que de seguro que non vos defrauda. Ademais, un dos que toca é compañeiro meu de traballo, así que non vaia pensar que non nos gusta a festa en Rianxo 😉