Fotos e crónica do concerto do XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo

21 Mai

IMG_2346

Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.

A celebración serviu ademais para presentar o disco titulado Unha noite con Lela. O traballo foi gravado hai un par de meses no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, como xa vos contamos aquí. Pero onte tocaba presentalo en sociedade. O escenario non podía ser mellor: a praza de Castelao. E a noite de maio semellou conxurarse para que os veciños non tiveran excusa para quedar na casa.

O evento foi presentado por Belén Xestal, quen ademais exerce de narradora e de fío condutor no CD. A marabillosa e sensible voz de Silvia Ferre encargouse de poñernos os pelos de punta, mentres soaban de fondo as pezas arranxadas por Alfredo Susavila e interpretadas por grandes músicos dirixidos por Rafael Collazo. Por último, destacar que os textos correron a cargo de Fernando Lavandeira.

Pero comecemos, como en todo bo relato, polo principio. Xa que antes de botar a andar o concerto foron entregados os premios aos mellores cartaces presentados este ano pol@s nen@s das escolas de Rianxo. O terceiro premio foi para Antía Lamas e Noa Moares, ambas as dúas de 11 anos:

IMG_2316

O outro 2º premio foi para Zoe Collazo, tamén de 11 anos:IMG_2319

E o primeiro premio para Unai Bravo, de 9 anos:IMG_2320

Logo dos premios, botou a andar o concerto. A hora e media pasou nun suspiro. Pero polo medio os músicos fixéronnos pasar por momentos de emoción, de alegría, de intensidade,… Vamos, que temos un pequeno tesouro chamada Banda da Escola de Música que nin Panorama, nin París, nin Combo.

Loxicamente non son comparables, pero é evidente que se están a facer grandes cousas con algo que non ten nin o presuposto nin a publicidade de grandes proxectos. E todo grazas ao empeño, á xenerosidade e ao traballo de xente que vive aquí e que demostra que o talento e o traballo en equipo vale máis que calquera outra cousa.

Pero deixámosvos con algúns deses momentos. Aquí Rafael Collazo totalmente concentrado:

IMG_2335

E aquí os músicos da Banda da Escola de Música interpretando unha das pezas do programa musical: IMG_2337IMG_2338

Belén Xestal narrando a historia de Lela, con Silvia Ferre á dereita. IMG_2350IMG_2351IMG_2352

Silvia Ferre interpretando unhas das cancións do disco. IMG_2360IMG_2367IMG_2384

Alfredo Susavila en primeiro plano.IMG_2387IMG_2390IMG_2400

O compositor e músico Antón Alcalde tocando a batería: IMG_2414IMG_2420IMG_2436

Sabela Galbán desfrutando tamén durante o concerto: IMG_2441IMG_2455

E aquí unha imaxe de conxunto de todos os que fixeron posible o disco: IMG_2464IMG_2493

E aquí os Ramón e José Luís que locen orgullosos o CD que xe puxo á venda durante o concerto e que despois asinaron os artistas.

IMG_2502IMG_2510IMG_2515

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: