Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.
Tag Archives: Praza de Castelao
Feira do Libro de Rianxo (inauguración)
27 XulO xoves 24 inaugurouse a feira do libro de Rianxo, acontecemento que acae no noso pobo por segundo ano consecutivo, a feira poderá visitarse ata hoxe domingo, 27 de xullo.
Festival Internacional de Danza
17 XulOnte mércores 16 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza Castelao tivo lugar un Festival Internacional de danza no que participaron a agrupación Muzsla Néptancegyüttes de Hungría e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua de Chile.
Deixámovos unhas fotos do espectacular Ballet chileno que fixeron vibrar @s asistentes a este festival que terá continuidade o ano que ven con dous grupos mais que nos amosaran a cultura doutros países.