Un ano máis, no noso concello temos a sorte de contar coa Feira do Libro. Celebrarase esta semana, do xoves 21 de xullo ata o domingo 24 de xullo. E contará, ademais de coa presentación de varias obras, con obradoiros, actuacións musicais, maxia, contacontos, actividades infantís e moitos outros eventos.
Tag Archives: Feira do Libro de Rianxo
Feira do Libro de Rianxo (inauguración)
27 XulO xoves 24 inaugurouse a feira do libro de Rianxo, acontecemento que acae no noso pobo por segundo ano consecutivo, a feira poderá visitarse ata hoxe domingo, 27 de xullo.
Actividades culturais en Rianxo para o mes de xullo
17 XulAcaba de publicarse a programación cultural en Rianxo para estes meses de calor. Ademais, a foto tan chula que vedes está feita polo meu compañeiro Xoán Antón Castro, a quen tedes a ocasión de ler tamén por aquí. Como sei que igual lle dá pau subir a foto, xa o fago eu 🙂
Entre as actividades de xullo, ademais das festas típicas como as de Taragoña, destaca o Festival Antrospinos, do cal falaremos en breve aquí mesmo. Tamén haberá unha feira do libro do 25 ao 28 de xullo e a famosa festa da xouba. Pero mellor botádelle vós mesmos un ollo: