O xoves 24 inaugurouse a feira do libro de Rianxo, acontecemento que acae no noso pobo por segundo ano consecutivo, a feira poderá visitarse ata hoxe domingo, 27 de xullo.
O tempo estanos acompañando e a asistencia de público ás actividades e as visitas ós postos de venda de libros é moi numerosa. Dá gusto ver Rianxo ateigado de xente ó longo de toda a fin de semana.
A inauguración estivo precedida pola magnífica actuación do dueto Sabela Galbán Rodriguez e José Luís Pico Orjais.
E, a seguir, procedeuse á inauguración a cargo das autoridades e do escritor, rianxeiro de adopción, Xesús Rábade Paredes.
Por último lembrarvoe, que aínda hoxe domingo podedes visitar os postos de libros e as múltiples actividades que se van desenvolver na praza de Castelao.
Moi bonita a reportaxe. Graciñas. Aperta.