Tag Archives: auditorio de rianxo

Os Rockensteins

20 Mar

(1)

O doutor Rockenstein, é un melómano que ve como a música rock está a deixar de existir. Para remedialo, tenta dar vida a un ser que o axude a arranxar isto. Mestura na súa máquina un disco dos Kiss, un rizo de Tina Turner, un calcetín do cantante de AC/DD… e consegue, non un ser, senón tres cos que trata de acabar co mal momento do rock.

Seguir lendo →

Estrea da obra Escenas de Familias

13 Feb

_MG_8352

Onte pola noite tivemos a oportunidade de disfrutar da obra Escenas de Familia, da man da directora Esther F. Carro deguas e cunha idea orixinal da  Concellería de Benestar Social Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo Rianxo coa colaboración de La Caixa.

Seguir lendo →

Celtas sen Filtro, de Teatro Airiños, no auditorio de Rianxo

15 Nov

_MG_0021

Onte pola noite poidemos asistir á estrea de, “Celtas sen Filtro”. Trátase dunha obra de Méndez Ferrín representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas. Terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, unha foi venres 14 e outra será o venres 21 de novembro.

Seguir lendo →

Fin de semana teatral en Rianxo

14 Nov

celtas sen filtroHoxe pola noite, ás 21:00 horas, poderemos desfrutar da estrea de “Celtas sen Filtro”. Trátase dunha obra de Méndez Ferrín representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas. Terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, tanto o venres 14 e como o venres 21 de novembro.

Seguir lendo →

Exposición “De berros e olladas”, contra a violencia de xénero

8 Set

IMG_0065

O sábado 6 de setembro do 2014, quedou oficialmente inaugurada a exposición “De berros e olladas”, dos fotógrafos Marga Piñeiro Diaz, Enrique González e Isidro Cea no auditorio de Rianxo. A mostra plasma en imaxes un tema tan espiñento, e por desgraza tan á orde do día como é a violencia de xénero, lacra totalmente de actualidade en pleno século XXI.

Seguir lendo →

Presentación de Remontar o río

18 Xuñ

10264752_789433577747570_8063633826135492642_n

O pasado 30 de maio, tivemos a oportunidade de asistir no salón de actos do auditorio de Rianxo, á presentación do libro de poemas “Remontar o río” da nosa veciña e grande escritora Helena Villar Janeiro.

Seguir lendo →

Lembrando o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal

29 Abr

IMG_0009 copia

O pasado venres, un grupo de veciños de Rianxo quixo cantar o Grândola, Vila Morena, esa coñecida canción de José Afonso que en Portugal é todo un símbolo. Precisamente porque representa a revolución e a chegada da democracia a Portugal, grazas á Revolución dos Caraveis.

Seguir lendo →

Premios Irmandade do Libro

10 Abr

IMG_0001 copia

O pasado sábado 5 de abril, puidemos asistir ós XXIII Premios Irmandade do Libro, entregados pola Federación de Librarías de Galicia no Auditorio de Rianxo.

Seguir lendo →

Concerto de Sés no auditorio de Rianxo

17 Feb

Image

Este pasado sábado María Xosé Silvar (Sés) presentou o seu último disco Co xenio destrozado no auditorio rianxeiro.

Durante dúas horas, a banda deleitou a un auditorio cheo, con cancións repletas de potencia, feminismo e cargadas de denuncia social, que nos fixeron vibrar e emocionarnos a cada golpe da voz desgarradora e doce desta magnífica artista.

Velaquí vos deixamos unha pequena escolla de fotos que fomos facendo ó longo do concerto.

Seguir lendo →

Concerto de María Xosé Silvar (Sés) en Rianxo

6 Feb

O próximo día 15 de febreiro ás 21:00 horas teremos un gran concerto en Rianxo, xa que Sés presenta o seu novo disco “Co Xenio Destrozado”, no Auditorio de Rianxo

As entradas están á venda na cafetería Castelao Rianxo e na Cervexería Gallaecia. Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto os tickets, pero hai que enviar un mail a info@dezetapro.com

O prezo é de 10€.

Ses_CoXenioDestrozado

Como sinalan dende a promotora do concerto, “se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido”.

“Co xenio destrozado” é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios Bruar, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia  SÉS,  neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011 Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome “caseir”» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

Así que, xa sabedes. Se queredes pasar unha boa velada escoitando mellor música, alí nos vemos!