Lembrando o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal

29 Abr

IMG_0009 copia

O pasado venres, un grupo de veciños de Rianxo quixo cantar o Grândola, Vila Morena, esa coñecida canción de José Afonso que en Portugal é todo un símbolo. Precisamente porque representa a revolución e a chegada da democracia a Portugal, grazas á Revolución dos Caraveis.

Como explicaban os organizadores ao inicio do acto, o evento “nace dunha convocatoria nas redes sociais feita a toda a veciñanza rianxeira e a todos e todas aquelas persoas que quixeran vir cantar con nós o Grândola”. Non se trataba de algo convocado por partidos políticos, de sindicatos ou de asociacións culturais, senón dunha reunión entre persoas para “lembrar o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis e a súa mensaxe de revolución pacífica”.

IMG_0001 copia

De feito, Grândola é todo un símbolo en Portugal porque se emitíu o 25 de abril de 1974 a través de Radio Renascença, sendo o punto de partida do levantamento militar que deu fin a preto de anos da ditadura de Salazar. A canción fora prohibida en Portugal e o seu autor, Zeca Afonso, o que quere é transmitir a idea de que “O povo é quem mais ordena”, que é o pobo o que ten a palabra, o que manda, o que debe ser o referente.

IMG_0012 copia

 

O acto tamén buscaba “celebrar a aprobación por unanimidade da Lei de Iniciativa Popular “Valentín Paz Andrade”, para promover o portugués en Galicia”, para que fixo falla recoller máis de 15.000 sinaturas.

IMG_0013 copia

Por último, protestouse cantando polo IVE cultural, definido como “o IVE contra a cultura”, en canto que “está a destruír a nosa xa feble industria e a encarecer o acesso á cultura do conjunto da poboación”.

IMG_0003 copia

Comentar que tras a lectura manifesto, cantouse o Grándola Vila Morena, e a canción Á Sombra do Milho Verde. Cando todo parecía rematar, voltouse a cantar o Grándola pois houbo xente que non deu chegado para a primeira vez  🙂

IMG_0006 copia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: