Concerto de María Xosé Silvar (Sés) en Rianxo

6 Feb

O próximo día 15 de febreiro ás 21:00 horas teremos un gran concerto en Rianxo, xa que Sés presenta o seu novo disco “Co Xenio Destrozado”, no Auditorio de Rianxo

As entradas están á venda na cafetería Castelao Rianxo e na Cervexería Gallaecia. Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto os tickets, pero hai que enviar un mail a info@dezetapro.com

O prezo é de 10€.

Ses_CoXenioDestrozado

Como sinalan dende a promotora do concerto, “se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido”.

“Co xenio destrozado” é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios Bruar, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia  SÉS,  neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011 Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome “caseir”» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

Así que, xa sabedes. Se queredes pasar unha boa velada escoitando mellor música, alí nos vemos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: