Actos Castelao 2014

4 Feb

O venres 31 de xaneiro presentouse no auditorio rianxeiro a revista do mes de xaneiro de A Voz de Barbantia e tamén o libro de Anxos Sumai  A lúa da colleita. Ó acto asistiron o alcalde Adolfo Muíños, a autora do libro e os tamén escritores Antón Riveiro Coello, Iria Lago e Uxía Casal.

Image

Durante unha hora os tertulianos adicáronse a desgranar polo miúdo o libro e a contrastar as diferentes sensacións que lles ofreceu este cando o leron, e para os que non o lemos tamén nos deron unhas pistas do que podemos atopar nel en canto caia nas nosas mans.

ImageImageImage

Tamén durante o act,o enriba do escenario, puidemos presenciar e en rigoroso directo o arte de Noel Pérez Fungueiriño, un rapaz que contamos chegue moi alto neste mundo das artes plásticas.

Image

Unha vez esgotado o seu tempo, que non o seu traballo, Noel explicounos que durante a presentación do libro de Anxos, el o que tentou plasmar foi unha viñeta do libro de Castelao “Un ollo de vidro”.

Image

Xa para finalizar o acto pasou, polo escenario o músico Israel Figueirido que nos deleitou con dúas pezas de piano:

Image

Como non podía ser menos, a autora do libro adicouse a asinar libros a quen o tivera nese intre alí:

Image

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: