José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro

24 Xan

josemaria1

Abril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.

Así que José María e outros mariñeiros andan a construír casetas para gardar os apeiros da pesca e tamén o gasoil. Para que non estean ao alcance de mans estrañas. Acaba de mercar un terreo xunto ao mar duns 35 metros cadrados, que lle custou unhas 4.000 pesetas, así que xa ten onde levantar a caseta. O lugar está no chamado Curruncho dos Porcos, porque polo visto os mariñeiros aproveitan para facer alí certas necesidades.

josemariavicente1

É 7 de abril. José María xa ten feita unha rampla para acceder dende o seu terreo ata o barco e tamén un paso para caseta. Anda agora co tema da caseta, coa axuda da súa muller, Concepción Mosquera Gómez. Son as 12 do mediodía e a súa dona marcha para a casa a facer de comer. Así que José María queda coa picocha, levantando terra. Non é capaz de levantar a terra e ve que hai un toxo. Mira o panorama e decide tirar co toxo para arriba e, debaixo, na terra, observa que están os restos dunha cazola de barro e dentro un casco. Está entrerrado a a unha profundidade duns 60 centímetros. Iso si, non é de ferro. Dálle a impresión de que é de ouro. Así que o colle e o pon enriba dun bidón de gasoil, ao tempo que lle di a un compañeiro: “Mira que ferro atopei!”. O outro, cos ollos abertos, respóndelle: “José María, iso é ouro!”. Pero o noso protagonista responde como quen non quere a cousa: “Que vai ser, oh!”.

josemariavicente2

Máis tarde, camiño da súa casa para comer, José María atopouse coa súa irmá. Levaba na man o casco e esta preguntoulle: “Que levas aí?”. El, coa súa retranca, soltoulle un “Cámbiocho por un dos porcos que tes!”. A irmá non lle fixo caso. Pero á hora, xa estaba na casa de José María, porque pola aldea xa estaba a correr a historia de que atopara un obxecto de ouro.

José María tivo o casco de ouro 3 días na súa casa. Alí “foi todo o mundo a velo”: o cura do Araño, o cura de Leiro, un capelán… O mesmo sacerdote de Leiro aconsellouno depositalo nunha caixa forte, pero como había que pagar, decidíu entregalo.

josemariavicente3

Despois, estivo custodiado 18 xornadas no cuartel da Garda Civil de Rianxo. O corpo armado non podía durmir, tiña que estar vixiando continuamente, e pediu que o levaran do Concello. “Antes non se sabía xestionar unha situación desas”, comenta José María.

Recibiu tamén a chamada do daquela director do Museo Arqueolóxico da Coruña, quen o intentou marear e enganar tanto a el como á familia. De feito, Felipe Senén chegou a dicirlles que o que se recadara no museo, coas guías e visitas que xerara o casco que atopou José María, sería para el. Cousa que, obviamente non era certo.

josemariavicente4

É máis, incluso o intentaron enganar no prezo que lle pagaron polo seu achado. Finalmente déronlle un millón de pesetas (6.000 euros), cando estaba valorado en moitísimo máis. E a punto lle estiveron de dar a metade deses cartos. Explica que “nos enganaron para que firmáramos, ofrecéndonos moitas cousas falsas e incluso ameazándonos con expropiarnos”.

Agora, o casco ou cunca (hai diferentes teorías sobre que é exactamente), loce no Museo de San Antón da Coruña. José María comenta orgulloso que el xa foi ata alí a visitalo e que “firmou un papel conforme non permitía que saíra da provincia da Coruña”. Así, a xente de por aquí pode ir velo e non ten que “ir ata Madrid”. Dese xeito, “agora está exposto e pódeo ir ver todo o mundo. Por iso estou contento, porque non se pode vender nin levar”.

Sobre o tema do casco, como indicamos arriba, hai varias teorías. José María dinos que a eles lles contaron que non era un casco de pelexa, senón un para lucir, como de gala ou de festa e que o debeu esconder un guerreiro sentíndose perseguido. De feito, a tuxeira onde o atopou tiña moitas pedras. Pola parte de arriba tiña terra, que foi onde el estivo traballando para construír a caseta cando o atopou. O casco estaba ao carón dunha rocha, dentro dunha cazola e por riba vese que lle botaron terra. Iso si, o suposto guerreiro nunca máis volveu por el.

José María Vicente

José María Vicente

Por se quedaba aínda máis ouro, houbo quen estivo rastrexando o lugar con detectores de metais. Pero o único que atopou algo valioso, foi José María.

Autor: Carlos de Paz http://ir.gl/3e878b

Autor: Carlos de Paz http://ir.gl/3e878b

A noticia, loxicamente, tivo moita repercusión naquel momento. Velaquí algunhas noticias da época:

La Vanguardia. 08/04/1976. Páx. 8.

La Vanguardia. 08/04/1976. Páx. 8.

ABC. 09/04/1976. Páx. 58

ABC. 09/04/1976. Páx. 58

Advertisement

4 Respostas a “José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro”

  1. Manuel 01/24/2014 ás 16:13 #

    Moitas gracias por esta reportaxe. Sen duda unha das mellores feitas ata a data de hoxe. Resumindo sen saltarse ningun detalle a situación vivida naquela época e ilustrando cunhas fermossas fotografías.

    Manuel, neto de José María.

  2. Begoña 04/08/2016 ás 14:16 #

    Falta que chegou a ser portada da guía de teléfonos.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Noticia do descubrimento do casco de ouro de Leiro en El Ideal Gallego | Fotos de Rianxo - 03/18/2014

    […] Igual che interesa a reportaxe sobre José María Vicente e como descubríu o casco. […]

  2. 40 anos do descubrimento do casco de ouro de Leiro | Fotos de Rianxo - 04/04/2016

    […] Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: