Esta semana cúmprense 40 anos dende que José María Vicente, un veciño de Leiro, atopou o famoso casco de ouro. Para celebrar este aniversario, o xoves 7 de abril terá lugar unha mesa redonda no Auditorio Municipal, ás 20 horas, onde estará o propio descubridor, o xornalista e experto Manuel Gago, a doutora e profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador ou o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena Puentes.
Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente.
Lástima! Teño acto literario propio en Lugo a esas horas. Graciñas pola información. Vou levar o cartel co voso permiso.