O sábado 6 de setembro do 2014, quedou oficialmente inaugurada a exposición “De berros e olladas”, dos fotógrafos Marga Piñeiro Diaz, Enrique González e Isidro Cea no auditorio de Rianxo. A mostra plasma en imaxes un tema tan espiñento, e por desgraza tan á orde do día como é a violencia de xénero, lacra totalmente de actualidade en pleno século XXI.
Durante a presentación, varias veciñas de Rianxo leron textos preparados para a ocasión e que lograron que se lle puxeran os pelos coma escarpias aos que por alí andábamos. Comezamos con Mercedes Pimentel.
Logo o turno foi para Ramona Golias.
Continuou Mauricia Ces.
Despois Hadriana Ordóñez.
Marina Losada foi a que falou despois.
A propia Andrea Fernández, autora dos “Haiku” que acompañan as fotografías.
E, para rematar, tocoulle a lectura a Rosa Suárez.
Deixámovos tamén dúas fotos de grupo que lles fixemos a este “Batallón do Barbanza”, acompañados por Marga, Henrique e Andrea.
A verdade é que xa tiñamos moitas ganas de ter esta magnífica exposición en Rianxo. Se tedes un intre, achegádevos ata o auditorio porque de seguro que vos gustará, é moi recomendable. Estará aberta até o 30 de setembro!!
Moitísimas grazas!