O sábado 6 de setembro do 2014, quedou oficialmente inaugurada a exposición “De berros e olladas”, dos fotógrafos Marga Piñeiro Diaz, Enrique González e Isidro Cea no auditorio de Rianxo. A mostra plasma en imaxes un tema tan espiñento, e por desgraza tan á orde do día como é a violencia de xénero, lacra totalmente de actualidade en pleno século XXI.
Poetizando (de minimis)
23 AbrEste vindeiro sábado 27 de abril, vaise levar a cabo un obradoiro de creación poética a cargo de Esther F. Carrodeguas arredor da exposición fotográfica de Marga P. Diaz, exposición que poderemos contemplar até ese mesmo dia no Auditorio de Rianxo.
O obradoiro desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas e ás 13:30 haberá un recitado final aberto.
Este obradoiro porá o peche simbólico á exposición que a autora ten exposta no auditorio dende o pasado 12 de abril, e na cal ó longo de 45 fotografías Marga P. nos amosa a sua creatividade excepcional para acadar o “mínimo detalle”.
Se non vos pasástedes a ollar esta exposición ainda estades a tempo, coidamos que non vos defraudará a experiencia.
https://fotosderianxo.com/2013/04/16/de-minimis-no-auditorio-de-rianxo/