Tag Archives: exposición fotográfica

Exposición “De berros e olladas”, contra a violencia de xénero

8 Set

IMG_0065

O sábado 6 de setembro do 2014, quedou oficialmente inaugurada a exposición “De berros e olladas”, dos fotógrafos Marga Piñeiro Diaz, Enrique González e Isidro Cea no auditorio de Rianxo. A mostra plasma en imaxes un tema tan espiñento, e por desgraza tan á orde do día como é a violencia de xénero, lacra totalmente de actualidade en pleno século XXI.

Seguir lendo

Imaxes con Fondo

18 Dec

Dende o 13 de decembro até o 4 de xaneiro do 2014, poderemos desfrutar dunha exposición do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición Imaxes con Fondo, que nace  dun concurso de fotografía,  pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe.

cARTAZ expòsición imaxes con fondo2 WEB GRANDE

Nesta expo, participa unha rianxeira de 23 anos que se chama Raquel Cespón Romero, quen nos conta que a súa formación en fotografía comezou en outubro do ano pasado con algúns cursos que organiza a USC, como obradoiros de creatividade fotográfica ou creación de proxectos fotográficos. Na actualizade participa en diferentes actividades do Fotoforum Compostela, como algunha exposición colectiva, un fotolibro ou actividades mensuais como a fotoliga que organizan.

Fotos con fondo-9855

 

Seguir lendo

Rianxo en fotos a través das súas xentes

26 Feb

O ano pasado, xunto aos compañeiros do Foto Club Sálvora, movemos unha exposición fotográfica por distintos concellos, entre os que non podía faltar Rianxo. Nese momento xurdiu a idea de poder facer unha mostra exclusivamente centrada no noso concello. Así que puxemos a traballar dende finais do ano pasado e, despois de darlle voltas, chegamos a unha idea: combinar un proxecto no que mesturar retratros fotográficos coas vivencias persoais dos rianxeiros.

Foi así como naceu Ruando Rianxo, un proxecto no que queremos fotografar e entrevistar a xente de todas as parroquias, coma vós e coma nós. Moitas veces temos pequenas grandes historias ao noso lado, na casa do veciño e pásannos totalmente desapercibidas. Por iso lle queremos poñer rostro aos traballadores do mar, aos artistas, ao agro, á hostalería, á música… que vive e medra en Rianxo.

Queremos aproveitar o post para darlle as grazas á área de Cultura do Concello, onde presentamos a idea e foi moi ben acollida. Temos o seu patrocinio, o seu apoio e tamén a reserva do Auditorio para finais de ano. Así que agardamos contar coa vosa visita, que de seguro que vos gustará o que vedes. E se non gusta, pois a turrarnos das orellas 😉

Na exposición é imposible recoller as historias dos máis de 12.000 habitantes que ten o noso municipio, pero do que se trata é de que boa parte das persoas que aparezan en Ruando Rianxo sexan a voz e o sentir de moitos outros rianxeiros. De que cando se realice a mostra no Auditorio saibades que de seguro tedes un veciño, un amigo ou un familiar alí retratado e que descubrades, ao igual que Xoán Antón e máis eu, a outros rianxeiros cos que de seguro vos cruzastes moitas outras veces sen saber a súa historia.

Porque Rianxo é un concello rico en persoas, en historias e en vivencias. E nós queremos plasmar parte desa riqueza. De feito, se coñecedes alguén interesante (e vivo) na vosa parroquia, podedes contactar con calquera de nós para valorar a súa inclusión na exposición:

Xoán Antón Castro: a.rosagz@gmail.com

Eu (Óscar): oscar.reboiras@gmail.com