Estrea da obra Escenas de Familias

13 Feb

_MG_8352

Onte pola noite tivemos a oportunidade de disfrutar da obra Escenas de Familia, da man da directora Esther F. Carro deguas e cunha idea orixinal da  Concellería de Benestar Social Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo Rianxo coa colaboración de La Caixa.

_MG_8348

Antes de comezar a obra, Esther explicoulle a tódolos asistententes en que consistía a obra e é que en boca da propia directora Escenas de Familia é o exercicio final de taller de expresión teatral ExpresarT., organizado pola Concellería de Benestar Social Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo e froito dunha doazón da oficina de La Caixa de Rianxo”.

Trátase dunha “pequena obra teatral que amosa aos espectadores diferentes escenas familiares, dende conflitos xeracionais ou de parella, festas ou aniversarios, e todo isto dende o ollar dos propios participantes no taller: dende a súa maneira de ver o mundo. A maiores integráronse no proxecto aqueles pequenos desexos que algunhas das persoas que participaban no taller tiñan ilusión por facer en escena: neste mesmo sentido utilizáronse moitas das músicas favoritas dos participantes, facendo un proxecto que fora moi propio do grupo”.

Ademais, en palabras de Carrodeguas, “é tamén a maneira en que este obradoiro de teatro conclúe o proceso formativo cos nervios da última semana , os da estrea e ese momento máxico de enfrontarse ao público. Pero sobre todo, Escenas de Familia é un divertimento creado para as familias que sabíamos estarían véndonos no Auditorio de Rianxo”.

“Por último, pero quizais o máis importante”, conclúe Esther, “Escenas de familia serviu para crear unha nova familia, esta pequena familia teatral que ides a ver en escena”

Pasamos a amosarvos unhas instantáneas do transcorrer da obra que tanto nos fixo desfrutar unha noite moi especial e emotiva, máis emotiva quizais por ver enriba do escenario a alguén tan querida na nosa familia:

_MG_8359_MG_8369_MG_8375_MG_8379_MG_8384_MG_8387_MG_8390_MG_8396_MG_8399_MG_8400_MG_8401_MG_8408_MG_8420_MG_8422_MG_8426_MG_8428_MG_8430_MG_8433_MG_8441_MG_8444_MG_8452_MG_8458_MG_8472_MG_8473_MG_8490_MG_8512_MG_8552_MG_8564

Na obra intervirón:

Isabel Carou

Raquel Fernández

Maura Rañó

Mariló Rodríguez

Sofía Castro

Sonia Bustelo

Andrés Martínez

Mari Figueira

Belén Xestal

Mucha Ordóñez

Ramona Golias

Yasmina Romero

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: