Por culpa do mal tempo, as carrozas de Taragoña tiveron que atrasarse ata hoxe. O tempo, por sorte, estivo de 10, polo que acompañou o evento, onde houbo un alto nivel, con cinco participantes.
Pasaban das 17.30 horas e as carrozas aínda non se movían. O motivo é que se estaba a esperar pola quinta e última. Estaba claro que de primeira non ía quedar, pero o caso era encher e pasalo ben.
Cando faltaban quince minutos para as seis da tarde, a comitiva de carrozas e disfrazados arrancou dende o aparcadoiro da Igrexa de Taragoña.
As burbullas de Freixenet eran os que máis marcha tiñan. Non só se trataba da carroza con máis participantes, senón que demais tiñan ensaiadas coreografías para gañarse ao público.
A seguinte era a de Mario Bros, na que ía unha plataforma con moedas, flores e ata bombas. Ademais, non faltaba ningún dos personaxes do popular videoxogo. E ata se uniu Donkey Kong.
A tarceira carroza era a do tanque, que ía acompañada dun exército completo que quería tomar Taragoña: paraidistas, bazokas, artillería pesada…
E ata un pastor alemán por se as moscas, non fora ser que alguén se pasara da raia.
O que si, o tanque avariouse. Durante uns minutos non foi capaz de andar, quedouse parado, mentres as outras dúas carrozas xa debían estar á altura da estrada xeral.
Así que a carroza número catro, o cemiterio con zombis, tomoulle a dianteira.
No cemiterio mesmo había escondidos corpos dispostos a dar terribles sustos aos asistentes ao evento.
E aquí temos a última carroza participante. A verdade é que o do pilón non o acabo de coller ¿?
Comentar que o tanque tiña un bo mecánico, porque finalmente puido tirar para arriba con todo o seu séquito militar.
As carrozas chegaron a Campo de Pazos, onde había un feixe de xente agardando. Ademais, os máis cativos tiñan inchables e mesmo taller de pintura.
De seguro que queredes saber quen gañou, aínda que tedes os vosos favoritos. Así quedou a cousa:
- 1º: o tanque.
- 2º: o cemiterio cos zombies.
- 3º: as burbullas Freixenet.
Deixar unha resposta