Tag Archives: entroido

Fotos do entroido de Taragoña 2020

7 Mar

tractor
Outro ano máis o mal tempo fixo que o concurso de carrozas se atrasase. Nesta ocasión houbo sorte e só tardou unha semana en volver o sol. Algúns, incluso aproveitaron para ir fresar e, de paso, unirse á comitiva 😀

Seguir lendo →

Entroido no colexio de Rianxo 2020

21 Feb

entroido-2020 (2)

Todos os anos centos de rapaces desfilan polas rúas de Rianxo dándolle a benvida ao Entroido. Este ano o tema escollido dos disfraces é o cambio climático, unha mensaxe para concienciarnos de que de seguirmos así estamos poñendo en risco o Planeta.

Seguir lendo →

Imaxes do entroido de Rianxo 2019: carrozas e enterro do Toribiño

10 Mar

cof

Compartimos con vós as fotos das carrozas e do enterro do Toribiño do entroido de Rianxo 2019.

Seguir lendo →

Fotos de entroido as escolas de Asados e de Rianxo

2 Mar

Chega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.

entroido asados (1)

Seguir lendo →

Desfile de carrozas en Rianxo 2018

18 Feb

Despois de moitos anos sen celebrar desfile de carrozas en Rianxo, neste antroido retomouse esta competición.

Seguir lendo →

Fotos das carrozas de entroido de Taragoña 2018

17 Feb

Despois dunha semana chuviosa, chegou a fin de semana cun sol radiante. Xusto a tempo para desfrutar das carrozas de Taragoña.

Seguir lendo →

Imaxes de entroido do colexio Castelao de Rianxo

9 Feb

Os cativos do colexio Castelao desfilaron este venres previo ao carnaval para presumir de disfraces e de imaxinación. Dende logo que non faltou. O tema estaba centrado en cousas moi rianxeiras: nos nosos escritores, no mar e nos seus produtos e tamén na festa (si, pensades ben).

Seguir lendo →

Fotos do entroido no cole de Asados 2018

9 Feb

Xa esta aquí Don Carnal. Ou para que todos nos entendamos, xa chegou o entroido. Unha data para festexar e saír á rúa disfrazados.

Seguir lendo →

Toda a axenda de actividades no entroido 2018 en Rianxo, Taragoña e O Araño

7 Feb

O entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.

Seguir lendo →

O Día do Deporte Choqueiro 2017

28 Feb

entroido-rianxo-pavillon

Un ano máis, no pavillón de deportes de Rianxo, celebrouse o Día do Deporte Choqueiro, organizado pola Concellaría de Deportes. Aquí vos traemos algunha imaxe das actividades, xa que ademais de inchables os nenos puideron montar en triciclos, xogar a derribarse ou botar partidas en videoconsolas.

Seguir lendo →