Todos os anos centos de rapaces desfilan polas rúas de Rianxo dándolle a benvida ao Entroido. Este ano o tema escollido dos disfraces é o cambio climático, unha mensaxe para concienciarnos de que de seguirmos así estamos poñendo en risco o Planeta.
Imaxes do entroido de Rianxo 2019: carrozas e enterro do Toribiño
10 MarCompartimos con vós as fotos das carrozas e do enterro do Toribiño do entroido de Rianxo 2019.
Fotos de entroido as escolas de Asados e de Rianxo
2 MarChega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.
Fotos do entroido no cole de Asados 2018
9 FebXa esta aquí Don Carnal. Ou para que todos nos entendamos, xa chegou o entroido. Unha data para festexar e saír á rúa disfrazados.
Entroido no colexio de Asados e no de Rianxo
5 FebHoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.
Fotos do Entroido na parroquia do Araño
10 FebO pasado sábado 9 de febreiro celebrouse no Centro Sociocultural do Araño o Entroido. De novo hai que felicitar á Asociación de Veciños por realizar tantas actividades e cohesionar dese xeito a parroquia.
A festa contaba mesmo cunha señora facendo as sobremesas típicas destas festas, nunha filloeira onde podía realizar sete filloas a un tempo. Iso si, non chegaron a nada 🙂
Pero tamén hai que agredecer o traballo de moitos outros veciños, que levaron orellas e mesmo filloas feitas na casa. Pero tamén se serviron patacas fritas, refrescos, viño…
Non obstante, os protagonistas foron os veciños e os rapaces disfrazados:
Tamén houbo animación cun grupo de gaitas:
Houbo concurso de disfraces e, grazas á colaboración do bar Lino, do bar Xens, do bar Nova Era, da panadería Soto, da tenda Aliprox (Taragoña) e do Eroski de Rianxo, houbo cestas para os gañadores.