“Sentíminos grandes e pequenos ao mesmo tempo”. Quen así falaba era Maruxa Miguéns, a metade de Os Rosales de Asados. Falaba en nome dela e do seu home, de Xosé Romero. Toda unha vida xuntos. Historia viva da música tradicional galega. Paixón e amor polo folclore, tal e como se recolle no libro que se presentou onte no auditorio, “Os Rosales. O son da festa”.
Fotos de entroido as escolas de Asados e de Rianxo
2 MarChega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.
Fotos do entroido no cole de Asados 2018
9 FebXa esta aquí Don Carnal. Ou para que todos nos entendamos, xa chegou o entroido. Unha data para festexar e saír á rúa disfrazados.
As cabazas de Samaín do colexio de Asados 2017
31 OutOs cativos do colexio Ana María Diéguez de Asados son uns artistazos. Mirade senón que cabazas tan chulas e tan orixinais fixeron neste Samaín.
A parroquia de Asados, no programa Grandes Lugares da TVG
22 MaiOs veciños de Asados foron protagonistas do programa Grandes Lugares emitido na TVG. Puidemos coñecer o taller de memoria que se realiza na antiga escola rural, a Josefa, a peixeira, á afición do Unión, aos de Airiños, ás rapazas da Comunidade de Montes, ao club de moteiros Jas a Tope… Pincha na imaxe para ver o vídeo completo
Fotos de San Pedro de Vilas 2016
28 XuñEste ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.
San Pedro de Vilas 2016
24 XuñEste sábado 25 de xuño, ten lugar unha das romarías populares máis famosas de Rianxo: o San Pedro de Vilas. Ao mediodía haberá unha comida campestre que é un dos momentos máis bonitos da xornada. Pero xa, dende as 10 da mañá, comezarán as celebracións, con pasarrúas grazas a Río de Anxo.
Crónica do IV Torneo EBO, memorial Abel
30 MaiEsta fin de semana, o campo de fútbol de Vilas, en Asados, acolleu o mellor fútbol. Os rapaces que seguramente nuns anos estean a xogar nas categorías superiores do fútbol, nos equipos máis recoñecidos e nas competicións máis esixentes, pasaron por aquí para deleitarnos co seu fútbol.
O deporte base rianxeiro imparable
9 MaiDespois dos logros acadados pol@s padexeir@s de remo e piragüismo as pasadas semanas, onte pola tarde, no Campo Municipal de Vilas fíxoselle unha homenaxe ás categorias inferiores do clube, consistente nun corredor feito polos seniors do Unión e os do Carcacía, previo ó encontro que estes últimos desputaron.
Entroido no colexio de Asados e no de Rianxo
5 FebHoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.