Tag Archives: san pedro de vilas

Fotos de San Pedro de Vilas 2016

28 Xuñ

IMG_1884

Este ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.

Seguir lendo

San Pedro de Vilas 2016

24 Xuñ

Este sábado 25 de xuño, ten lugar unha das romarías populares máis famosas de Rianxo: o San Pedro de Vilas. Ao mediodía haberá unha comida campestre que é un dos momentos máis bonitos da xornada. Pero xa, dende as 10 da mañá, comezarán as celebracións, con pasarrúas grazas a Río de Anxo.

Seguir lendo

Festas de San Pedro de Vilas 2015

25 Xuñ

Este sábado 27 de xuño terá lugar a romaría de San Pedro de Vilas de Asados, con música e festas ata a madrugada e todo nun escenario incomparable, en pleno monte.

sanpedro

Lanzamento de alpacas, esquí montuno e outros deportes olímpicos en San Pedro de Vilas

28 Xuñ

romariasanpedroxeral

Un ano máis, hai que felicitar a Comisión de Festas de San Pedro de Vilas polo estupendo traballo que fan. É unha celebración nun marco incomparable, pero que moitos rianxeiros aínda non coñecen pola propia localización do lugar, pero que paga a pena visitar e vivir, porque hai un ambiente inmellorable. Ademais, a organización gastou máis de 2.000 euros en actuacións musicais, o que amosa o traballo e o esforzo realizado.

Seguir lendo

A fonte da Tixola

16 Feb

Grazas a Carlos Bastos e demais membros da organización das festas de San Pedro de Vilas, puidemos descubrir que detrás desta fermosa ermida de Asados hai un pequeno sendeiro que leva ata a coñecida como fonte da Tixola ou fonte da Sartén. O por que do nome, vistas as imaxes, non é moi difícil de deducir 😉

fontetixola

fontetixola2

Facebook da festa de San Pedro de Vilas

3 Nov

Un coñecido meu (de seguro que algúns coñecedes a Bastos), xunto con outros mozos de Asados e dos arredores colleron a comisión da romaría do San Pedro. Veñen de crear unha páxina no facebook, que busca converterse na súa principal fonte de información dos eventos que van ir realizando ao longo do ano, ata chegar ó propio día da romaría. Así que se vos animades, podedes engadilos como amigos ou ben pasar o próximo 29 de xuño e desfrutar do día de San Pedro 😉

www.facebook.com/sanpedro.asados