Este ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.
Ou de misa, porque de primeira hora houbo celebracións litúrxicas na horan de San Pedro. É o día grande do santo, no que se abre a capela e a soidade da paraxe se enche de xente con ganas de celebrara a festividade.
O santo tráese ata o capela neste día e pode contemplarse no altar do templo, mentres os romeiros enchen o lugar.
Os máis novos van collendo posicións, a ser posibe nun sitio con sombra.
E ao mediodía, as mesas énchense de comida a fartar, porque somos galegos e outra cousa non, pero a comer non hai quen nos gañe.
E que mellor que xantar e meterlle uns grolos tendo de fondo unha boa música. A primeira actuacion do día correu a cargo de Río de Anxo.
Mentre, ben vedes que non paraba de chegar xente ao lugar.
Mentres os cativos queimaban calorías e enerxía nos hinchables gratuítos que a comisión de festas puxo a disposición deles.
Tras a actuación de Río de Anxo, o home orquestra tomoulle o relevo: Cé Orquestra Pantasma comezaba a facer das súas.
Unha boa festa sempre é un lugar para estar a gusto coa túa xente e pasalo ben en familia.
Pola tarde, a partir das 19.00 horas, todo estaba preparado para os xogos populares.
O máis espectacular, coma sempre, foi o lanzamento de alpacas, con moi distintos estilos e capacidades. Algún mesmo parecía que tiraba cun globo.
Esta parece que vai teledirixida 🙂
A expectación era máxima.
Tamén houbo ocasión para tirar da corda.
A troula non paraba.
Velaquí o momento no que o santo recolle da capela para ir ata a casa particular de Vilas na que está todo o ano, mentres Caxade está de fondo no escenario.
De seguro que Caxade nunha actuou así de día, nun escenario con tanto público entregado.
Pola noite a troula seguiu e seguiu. A noite, de feito, colleu aos de De La Cruz Show.
E despois deles viñeron os da Familia Caamagno.
E aquí a quenda dos Fillos do Estramonio.
Deixar unha resposta