Había anos que os vellos de Rianxo non falaban da Santa Compaña, porque non percorría os camiños e corredoiras dos montes das distintas parroquias. A cousa cambiou o sábado pola noite, cando as almas en pena conseguiron un séquito de 200 persoas e deixaron tras de si un rastro de luz.
A comitiva de defuntos xuntouse en Campo Maneiro e antes unha hora antes do habitual, ás 11 da noite, comezou a andar como unha serpe luminosa polos camiños de Taragoña camiño de Ourille.
O roteiro, organizado polo club Barbantia e a Concellería de Deportes de Rianxo foi, certamente do máis orixinal e para o ano terá continuidade. Foron 10 quilómetros ao final dos cales había unha sorpresa: unha queimada para espantar os malos espíritos.
Comentar que as sorpresas non acabaron aí, xa que antes de chegar a Ourille, no chamado Camiño do Vixiante, un sendeiro cuberto por completo de acacias, as ánimas pedían cobrar un tributo para poder pasar por ese camiño. Máis dun levou un bo susto 🙂
Deixar unha resposta