Esta pasada madrugada, entre o 27 e o 28 de maio, os montes de Rianxo enchéronse de luces. Ao lonxe, semellaba que as ducias e ducias de puntos luminosos que se estiraban e serpenteaban os carreiros formaban unha procesión de almas. A mesmísima Santa Compaña, que regresaba para guiar a vivos e defuntos ao máis alá.
Fotos da andaina ao Pozo Bastón 2016
2 OutUn ano máis, a Asociación de Veciños do Araño organizou unha andaina dende o hórreo máis grande do mundo ata o Pozo Bastón. Con 10 minutos de atraso sobre a hora da saída, as 9 da mañá, uns 65 veciños e visitantes animados pola marcha comezaron a ruta para combater o fresco da mañá. Polo medio do camiño fóronse unindo máis veciños, ata completar en total as 75 persoas. Velaquí algunhas fotos da cita.
A Santa Compaña 2016 volveu percorrer Rianxo
27 Xuñ
Había anos que os vellos de Rianxo non falaban da Santa Compaña, porque non percorría os camiños e corredoiras dos montes das distintas parroquias. A cousa cambiou o sábado pola noite, cando as almas en pena conseguiron un séquito de 200 persoas e deixaron tras de si un rastro de luz.
Únete á Santa Compaña
21 XuñEste sábado 25 de xuño, pola noite, terá lugar unha iniciativa moi curiosa. Está organizada polo Club Barbantia Roda, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Sairase ás 23.00 horas de Campo Maneiro (Taragoña) e regresarase ao mesmo lugar despois de andar uns 10 quilómetros.
Roteiro Goza do Ulla en Rianxo
21 AgoContinuamos cas andainas neste mes de agosto (como se nota que no verán nos gusta saír da casa). O sábado 29 de agosto de aproximadamente, dentro do programa Goza do Ulla 2015 terá lugar unha ruta duns 12 km (4 horas aproximadamente).
V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño
21 AgoComo cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.
A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉