Fotos e crónica da XVII Subida ao Castro Barbudo

16 Xuñ

IMG (103)

Semella complicado que en 17 edicións dunha proba se poida innovar e sorprender, pero a Peña Cicloturista Castro Barbudo fíxoo no evento deste ano. Na súa tradicional proba de xuño non só ofreceron unha nova variante polas corredoiras e camiños de Rianxo e Lousame, senón que tamén incorporaron unha nova andaina, demostrando que peóns e bicicletas son os mellores compañeiros de viaxe no monte.

A asociación Pateando de Taragoña alí estaba, xunto a máis veciños, para percorrer a pé unha ruta nin máis nin menos que de 14 quilómetros.

IM (36)

Pola súa banda, uns 140 corredores estaban apuntados á marcha en bicicleta que comezaba ás 9.30 horas. En Campo de Pazos os deportistas fóronse reunindo para recoller os seus dorsais e ir intercambiando impresións antes de comezar a pedalear.

IM (3)

Arrancábase motores motores no medio dunha mañá gris na que a temperatura era inmellorable para facer deporte:

IM (9)

Nunha das zonas máis fermosas da proba, o Camiño do Vixiante, unha pequena zona rodeada completamente de acacias, a pesar de que estábamos nun tramo non competitivo, xa se abría unha diferenza de varios minutos entre a cabeza e os de atrás:

IMG (7)

Un quilómetro máis adiante xa se concluía practicamente a subida a Ourille, que para comezar a proba non estaba mal e a moitos xa lles comezaba a pesar nas pernas. Iso si, aos de adiante nin se lles notaba:

IMG (2)

No medio do monte a chuvia fixo acto de presenza, polo que a cousa se poñía peor. Por sorte, a chuvia aínda que calou, non foi demasiado forte e os corredores fórona levando incluso cun sorriso:

IMG (6)

A partir de Aldarís de novo había que tirar de pernas, de peito, de cabeza, apretar o cu e tirar monte arriba e máis arriba e máis arriba. A recompensa era o avituallamento:

IMG (19)

A xente puido coller de novo folgos:

IMG (46)

E incluso ensinar á cámara o seu mellor sorriso Profidén:

IMG (52)

A partir de aí, costa abaixo ata o comezo do tramo libre. Entre os corredores, algúns xa veteranos. Oxalá nós poidamos chegar nesa forma aos 70 anos e poder rematar con esa carga e enerxía unha proba así:

IMG (19)

10 minutos antes das 12.00 horas, xa comezaban a chegar os corredores ao punto de saída do tramo libre, que si era competitivo. A iso das 12.05, coa fina chuvia caendo, daba inicio a proba, onde os da cabeza xa ían a fume de carozo:

IMG (37)

As caras eran de esforzo, pola enorme dureza da subida:

IMG (28)

Mentres, arriba de todo, no Castro Barbudo, comezaban tamén a chegar os participantes na andaina:

IMG (1)

A chuvia calounos ben:

IMG (2)
Uns minutos máis tarde, chegaban os das dúas rodas:

IMG (14)

Pero o sufrimento tivo boa recompensa, porque abaixo de agardaba por todos unha churrascada impresionante, con moita bebida e tamén empanada a fartar:

IMG 1 (5)

IMG 1 (43)

Na entrega de premios Iván foi o gran triunfador, con tres galardóns:

IMG 1 (27)

E aquí temos a imaxe do podium no caso das mulleres, que deron tamén unha lección de competitividade:

IMG 1 (28)

Houbo moitos outros trofeos e grandes momentos, que podedes ver en detalles nos álbumes de fotos, nos que descargas as imaxes en alta calidade:

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: