Semella complicado que en 17 edicións dunha proba se poida innovar e sorprender, pero a Peña Cicloturista Castro Barbudo fíxoo no evento deste ano. Na súa tradicional proba de xuño non só ofreceron unha nova variante polas corredoiras e camiños de Rianxo e Lousame, senón que tamén incorporaron unha nova andaina, demostrando que peóns e bicicletas son os mellores compañeiros de viaxe no monte.
IV Marcha BTT Concello de Rianxo
3 FebXa está a piques de chegar un dos eventos deportivos que máis xente reúne en Rianxo: a marcha BTT. Terá lugar este 21 de febreiro e sorprende como ano a ano vai a máis e iso que só leva 4 anos de vida. Nesta ocasión pódense inscribir 600 persoas na ruta de bici de montaña (con tres percorridos). Como novidade, este ano haberá unha andaina na que se poden apuntar 100 competidores.
Fotos e crónica da III Marcha BTT de Rianxo
26 FebXa temos lista a colección completa de imaxes do que deu de si a III Marcha BTT de Rianxo. En concreto xuntamos 2.530 fotografías de distintos puntos da proba. Para que vexades mellor as imaxes, velaquí todo organizadiño por zonas:
III Marcha BTT Concello de Rianxo
3 FebXa non queda nada para unha das grandes probas deportivas que se celebran no noso municipio. Neste caso trátase da III Marcha BTT Concello de Rianxo, que terá o domingo 22 de febreiro. Se queres participar, podes apuntarte xa porque as prazas son limitadas por 7€ antes do 18 de febreiro.