Tag Archives: deporte

IV Marcha BTT Concello de Rianxo

3 Feb

Xa está a piques de chegar un dos eventos deportivos que máis xente reúne en Rianxo: a marcha BTT. Terá lugar este 21 de febreiro e sorprende como ano a ano vai a máis e iso que só leva 4 anos de vida. Nesta ocasión pódense inscribir 600 persoas na ruta de bici de montaña (con tres percorridos). Como novidade, este ano haberá unha andaina na que se poden apuntar 100 competidores.

Seguir lendo

V Trofeo Internacional de Xadrez en Rianxo, esta semana

26 Ago

Esta semana, en concreto o sábado 31 de agosto, terá lugar en Rianxo un evento de nivel, o V Trofeo Internacional Distribunosa Concello de Rianxo. Só hai que dicir que virán ata a nosa localidade que os mellores xogadores de Xadrez que se poden ver neste tipo de torneos. De feito, xa está confirmada a presenza do Gran Mestre Internacional cubano Arian González.

Calquera pode participar no toreno. Só ten que completar a inscrición ata o 29 de agosto, ben na web do Club de Xadrez Rianxo ou ben enviando un correo electrónico a escolaxadrezrianxo@gmail.com 

Hai un feixe de premios para os gañadores. Así, o primeiro clasificado levará 500 euros e o trofeo Distribunosa, o segundo contará con 300€ e unha copa e o terceiro 200€ e un trofeo. Pero ata o 8º clasificado todos levan premio en metálico. Nos tramos de ELO tamén haberá ata 12 premios en metálico.

O evento terá lugar no pavillón municipal de Rianxo dende as 10.30 horas.

Bases_e premios do trofeo_de Xadrez

Novos éxitos do Clube de Xadrez de Rianxo

15 Xuñ

A pasada fin de semana, o xadrez rianxeiro conseguiu grandes éxitos. En primeiro lugar, o equipo feminino infantil do Club de Xadrez de Rianxo proclamouse campión galego. Aí é nada.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Estas mozas quedaron campioas galegas infantís, no concello de Sober, en Lugo. Resultados:

CLUB XADREZ RIANXO 2.5 – ESCOLA LUGUESA DE XADREZ 1.5
E.X. PONTEVEDRA 0.5 – CLUB XADREZ RIANXO 3.5

Pola súa banda, Jorge Méndez Rial, quedou primeiro na VII Copa Galicia Maristas 2013 co Circuíto Galego Escolar 2013, celebrado en Ourense o sábado 8 de xuño.