Aínda que non fomos ao acto, dende o Club de Xadrez local mandáronnos a nota da presentación do evento, que terá lugar entre as 11 e as 19 horas do sábado, 30 de agosto. O pavillón municipal será o escenario dun acontecemento deportivo de primeiro nivel en Galicia, no que tomarán parte uns 300 inscritos (máis incluso que o ano pasado).
Tag Archives: Club de Xadrez de Rianxo
Novos éxitos do Clube de Xadrez de Rianxo
15 XuñA pasada fin de semana, o xadrez rianxeiro conseguiu grandes éxitos. En primeiro lugar, o equipo feminino infantil do Club de Xadrez de Rianxo proclamouse campión galego. Aí é nada.
Estas mozas quedaron campioas galegas infantís, no concello de Sober, en Lugo. Resultados:
CLUB XADREZ RIANXO 2.5 – ESCOLA LUGUESA DE XADREZ 1.5
E.X. PONTEVEDRA 0.5 – CLUB XADREZ RIANXO 3.5
Pola súa banda, Jorge Méndez Rial, quedou primeiro na VII Copa Galicia Maristas 2013 co Circuíto Galego Escolar 2013, celebrado en Ourense o sábado 8 de xuño.