O pasado 30 de agosto, durante todo o día, celebrouse no pavillón polideportivo de Rianxo o VI Torneo Internacional de Xadrez Concello De Rianxo. Houbo 310 inscritos, 90 máis que o ano pasado, polo que o evento medra ano a ano. Ademais, nesta edición contouse coa presenza de cinco Grandes Mestres (GM).
Tag Archives: VI Torneo Internacional de Xadrez “Concello de Rianxo”
Celébrase o VI Torneo Internacional de Xadrez “Concello de Rianxo”
28 AgoAínda que non fomos ao acto, dende o Club de Xadrez local mandáronnos a nota da presentación do evento, que terá lugar entre as 11 e as 19 horas do sábado, 30 de agosto. O pavillón municipal será o escenario dun acontecemento deportivo de primeiro nivel en Galicia, no que tomarán parte uns 300 inscritos (máis incluso que o ano pasado).