Aínda que non fomos ao acto, dende o Club de Xadrez local mandáronnos a nota da presentación do evento, que terá lugar entre as 11 e as 19 horas do sábado, 30 de agosto. O pavillón municipal será o escenario dun acontecemento deportivo de primeiro nivel en Galicia, no que tomarán parte uns 300 inscritos (máis incluso que o ano pasado).
Como indican dende a organización, a pesar de que se trata dun torneo con pouco tempo de vida “xa conseguiu situarse nun lugar destacado dentro de calendario de eventos nacionais que se disputan baixo o formato de partidas rápidas”. E así como o ano pasado contou cun Gran Mestre (GM), este ano acudirán á cita catro, así como sete Mestres FilDE (MF) e outros catro Mestres Internacionais (MI).
Acudirán ata Rianxo xogadores chegados de Inglaterra, Australia, Serbia, Francia, Cuba e Portugal. Ademais, é moi de agradecer que se traballe en prol de iniciativas deste tipo, en canto que hai vida moito máis alá do fútbol, e o xadrez é unha disciplina moi interesante, considerada o mellor exemplo de actividade intelectual entre os xogos.
Un dos grandes favoritos é o serbio Aleska Strikovic, quen xa gañou en Rianxo noutras dúas ocasións e está en dúas edicións e está considerado entre os dez mellores xogadores do seu país. Outro dos destacados é David Smerdon, segundo mellor xogador de Australia e entre os primeiros 60 de toda Asia. Doutra banda, tamén estará o campión de España de partidas rápidas, David Lariño, que é de Muros.
Haberá tres categorías diferentes. A primeira será para a categoría absoluta (con xogadores federados), a segunda de promoción (para xogadores ata sub 14 e afeccionados) e a de xogadores non federados ou que non teñen ELO. Os competidores disputarán tres rondas pola mañá e catro pola tarde.
Sinalar que ademais do patrocinio do Concello de Rianxo e da Deputación de A Coruña, colaboran no torneo a Conserveira de Rianxo SA, Viajes Barraña SL, Hermanos Yañez, a Federación Galega de Xadrez (FEGAXA) e a Xunta de Galicia. Grazas a eles mantense o prestixio do evento e os importantes premios:
Categoría xeral:
1º clasificado: 500 €
2º clasificado: 300 €
3º clasificado: 200 €
4º clasificado: 100 €
5º clasificado: 75 €
6º clasificado: 50 €
7º clasificado: 50 €
8º clasificado: 25 €
Tramos de ELO:
1º sub-2200 100€+trofeo; 2º sub-2200 50€; 3º sub-2200 25€
1º sub-2000 100€+trofeo 2º sub-2000 50€; 3º sub-2000 25€
1º sub-1800 100€+trofeo 2º sub-1800 50€; 3º sub-1800 25€
1º sen ELO FIDE 50€+trofeo; 1º veterano 50€+trofeo
1º feminino 50€+trofeo; 1º local trofeo; 1º sub 18 trofeo
Deixar unha resposta