O pasado 31 de agosto, celebrouse na nosa localidade o V Trofeo Internacional Distribunosa-Concello de Rianxo. Nós estivemos alí, polo que temos en fotos algúns deses momentos do encontro e tamén a entrega de trofeos.
Houbo máis de 250 participantes de todas as idades e de moitos lugares (galegos e do resto de España, pero tamén de Francia, Cuba, Serbia, Inglaterra, Uzbekistán, Portugal ou Lituania), o que demostra a capacidade de convocatoria deste trofeo rianxeiro. Ademais, en Rianxo participaron tres Grandes Mestres Internacionais (a nivel mundial hai 1.420).
Ao final, un deles, Aleksa Strikovic foi o gañador na categoría absoluta. Seguírono no podio o cubano Lelys Stanley Martínez Duany e o
uzbeko Ibragim Khamrakulov.
E, por suposto que tamén temos fotos da entrega de premios final:
Unha resposta a “V Trofeo de Xadrez Distribunosa-Concello de Rianxo”