Por que aos de Taragoña lles chaman “Cangrexeiros”?

25 Nov

Este verán, grazas ao amigo Carlos Bastos, descubrín a historia de por que aos habitantes de Taragoña tamén lles chaman “Cangrexeiros”.

O caso é que todo vén a raíz dunha historia acontecida por un veciño da parroquia. Este home chamábase Felipe “O Delgado” e vivía na aldea do Burato. Viña dunha familia de cartos, pero foron vendendo aos poucos todo o seu patrimonio, acabandando co capital e quedaron sen un can.

Así que o pobre do Felipe ía comer ás casas dos veciños, vivía da caridade das xentes e, cando había marea, tamén acudía á ribeira, á praia da Torre para mariscar. Conseguía dese xeito ir alimentándose. Daquela había moitos cangrexos na zona da desembocadura do río Te. Así que un día colleu uns cantos e fixo unha empanada botándolle masa por riba. O caso é que os crustáceos aínda vivos, así que en canto sentiron o lume, escaparon coa masa ao lombo 🙂 Así que a partir de aí, aos de Taragoña se lles chama tamén cangrexeiros. Datos da historia: Wikipedia.

De aí tamén colleron o seu nome a banda de gaitas Os Cangrexeiros, todos de Taragoña e ex-compoñentes da banda Buxaina. Algún deles mesmo ten tatuado un cangrexo tocando a gaita:

cangrexeirosok

Autor: Carlos Bastos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: