Este verán, grazas ao amigo Carlos Bastos, descubrín a historia de por que aos habitantes de Taragoña tamén lles chaman “Cangrexeiros”.

Foto de Xornal Certo. Fonte: http://www.flickr.com/photos/15528381@N02/4033592681/
O caso é que todo vén a raíz dunha historia acontecida por un veciño da parroquia. Este home chamábase Felipe “O Delgado” e vivía na aldea do Burato. Viña dunha familia de cartos, pero foron vendendo aos poucos todo o seu patrimonio, acabandando co capital e quedaron sen un can.