IV Marcha BTT Concello de Rianxo

3 Feb

Xa está a piques de chegar un dos eventos deportivos que máis xente reúne en Rianxo: a marcha BTT. Terá lugar este 21 de febreiro e sorprende como ano a ano vai a máis e iso que só leva 4 anos de vida. Nesta ocasión pódense inscribir 600 persoas na ruta de bici de montaña (con tres percorridos). Como novidade, este ano haberá unha andaina na que se poden apuntar 100 competidores.

A proba, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, é xa un referente a nivel galego nesta competición. Pero non só iso, porque de feito cada vez veñen máis deportistas doutras comunidades e incluso de Portugal. O que está claro e que o día 21 Rianxo se vai encher de xente de todas partes.

Aos que vos gusten as dúas rodas e o monte, podedes apuntarvos dende esta web. Pero apurade, porque de 600 prazas xa hai reservadas 443. Iso dá boa mostra da importancia que a proba vai acadando cada ano.

Se o teu é correr sobre dúas pernas, podes inscribirte dende esta web. Polo de agora van 43 deportistas apuntados para a andaina, que será de 20 quilómetros.

Tanto na bici como na andaina, o prezo é de 8€ e sempre ao pincho ao final ademais de avituallamento para repoñer forzas 😉

andaina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: