O pasado sábado 30 de xaneiro tivo lugar a presentación no auditorio rianxeiro da obra de marionetas Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
O feito foi singularmente trascendental, pois coincidíu co 130 aniversario do nacemento do insigne rianxeiro. Cumpríanse 75 anos da estrea da obra na diáspora (Bos Aires). Sinalar, ademais, que esta é primeira vez que é representada con marionetas, apuntamentos que fixo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños intres antes da representación.
A obra correu a cargo da compañía Fantoches Baj, Compañía Galega de Comedias, baixo a direción de Inacio vilariño , que como director, investigou sobre os deseños de Castelao, a súa escenografía, vestiario, partituras e indicacións de posta en escena, e fixo exactamente como o propio Castelao indicaba pero levado á escala de marionetas. Contouse no reparto a cargo del mesmo así como de Tero Rodríguez, Lucho Penabade e Luchi Iglesias.
De seguido deixámovos unhas instantáneas da farsa en tres actos e un epílogo:
Deixar unha resposta