Todo preparado para o entroido 2016 en Rianxo

31 Xan

Un ano máis, chegan unhas festas que nos encantan: os carnavais. E no noso concello non nos imos aburrir, xa que hai actividades e actividades.

Venres 5 e sábado 6: concurso de disfraces en Rianxo. 

Unha carpa na praza de Castelao dará a benvida a don Carnal xa o venres. A Comisión de Juadalupeñas de Rianxo organiza un evento no que ademais dun concurso de disfraces de temática choqueira haberá un concerto pop e actuarán DJ Peri e DJ Parru.

O sábado haberá outro concurso de disfraces baixo o lema da volta á infancia. Poden participar os veciños de 40 anos en adiante.

Sábado 6: concurso de disfraces no Araño. 

A Asociación de Veciños do Araño tamén organiza un concurso que terá lugar no centro sociocultural da parroquia. Haberá agasallos para todos os nenos, premios para os mellores choqueiros (pequenos e maiores), cantina, música tradicional, inchables e filloas gratis.

Domingo 7: festa do cocido. 

Ademais dos postres típicos destas datas, non podía faltar un bo cocido que senta que mete medo. Despois da comida, pola tarde haberá inchables (16.30h) e concertos (20.30h) a cargo dos Carapaus e de Habelas Hainas.

Luns 8: deporte choqueiro. 

Ás 16.30 horas, no pavillón de deportes, haberá inchables e obradoiros para os máis cativos.

Martes 9: día das crianzas e comparsas. 

Pola tarde, de novo os máis pequenos terán xogos, contacontos, discoteca infantil e recibirán agasallos. Ás 18.00 terá lugar o show de Peter Punk e ás 19.00 será o concurso de comparsas, no que actuará a ruada Marajota e Media. As cancións deberán ser de temática rianxeira. Haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150 euros e un terceiro cunha cesta de produtos típicos de entroido. Bases do concurso.

Mércores 10: o enterro do Toribiño. 

Todo o bo remata. E nesta ocasión o entroido di adeus con pena, para deixar sitio a dona Cuaresma. No funeral poderá participar quen queira e hai que ir disfrazado de viúva, garda civil, cura ou secretario.

Sábado 13: concurso de carrozas. 

A pesar de que se podía pensar que ata o 2017 xa nos despedíamos do entroido, en Taragoña teñen preparado un prato forte: o concurso de carrozas. Sairán pola tarde dende o adro da igrexa ata Campos de Pazos. As mellores terán premios en metálico. Ademais, haberá música e os pequenos terán inchables.

carrozas_taragonha

Unha resposta a “Todo preparado para o entroido 2016 en Rianxo”

  1. Helena Villar Janeiro 01/31/2016 ás 19:38 #

    Moi boa idea recuperar o carvanal choqueiro, que é o noso e ten moito sentido. Parabéns á idea e á organización.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: