Os irmáns Insua e a súa tráxica morte

17 Xan
irmansinsa

Os irmáns Insua. Foto de rianxeiros.blogspot.com.es

De seguro que a todos vos soan os irmáns Insúa. Pero pola rúa que teñen en Rianxo, que moitos de vós colledes para ir ao Mercadona, ao aparcadoiro da praza ou á farmacia, pero non pola súa tráxica historia. Grazas ao blog de Comoxo queremos contarvos quen eran e que foi o que lles aconteceu.

O de Insua era un alcume que vén da familia. Os seus nomes son Manuel Rodríguez Castelao e José Losada Castelao. Aínda que os apelidos non coinciden iso é porque a súa nai, Pilar Castelao Genme, quedou viúva e casou de segunda con Manuel Rodríguez Insua (de onde entendemos que lle veu o nome polo que eran coñecidos).

Así pois, Manuel e José son irmáns da mesma nai, pero de distinto pai. E ambos os dous son curmáns tamén do escritor e debuxante que todos, de aí que compartan apelido. De feito, cando a Pilar falece, Castelao virá tamén ao funeral da tía dende Pontevedra.

Manuel conseguirá aprobará as aposicións a mestre. Faise cargo da escola mixta de Fincheira, en Rianxo, arredor do ano 1933 e logo, en 1935, da do Pazo, segundo explican os historiadores locais Xosé Comoxo e Xesús Santos. Ademais, “a instancias dos membros do Partido Galeguista de Asados, colabora na fundación dun grupo teatral, dependente do partido, que chamarán “Airiños”. Tamén pinta e decora os escenarios”.

Chegada a Guerra Civil en 1936, ten que escapar. Os Insua agóchanse “nos montes de Rianxiño, “entre as mimosas de Viturro”, e incluso no cemiterio”. Os falanxistas locais téndenlles unha trampa no camposanto, pensando que irían alí a despedirse dos pais. Pero non conseguiron nada.

Os historiadores comentan que o daquela alcalde, Germán Fernández, lles aconsella non saír de Rianxo e que faría o posible para que non lles pasara nada. Eles escapan igualmente, primeiro a Carril, escondidos nun barco. E alí collen un tren ata Vigo. Na cidade olívica teñen amigos, os Isla Couto, que os acollen na súa casa durante nove meses, mentres pensan en como escapar de España.

Tras este período, con outros amigos de esquerdas, deciden marchar en barco. Tiñan un plan meditado, que pasaba por unha embarcación de pesca, chamada “Bou Eva”, con base no porto vigués. Era o 23 de abril de 1937. Pero a fortuna non os acompañou: ao entrar había un mariñeiro, que marchou do lugar prometendo que non os delataría. “Non foi así: apenas abandonou o barco, denunciounos”, explican Comoxo e Santos.

Ao poucou chegou a policía do porto e cercounos. Querían que saísen un a un, polo que encheron o barco primeiro con auga fría e despois con auga a ferver. “Os acosados non saían e deseguido oíronse uns disparos…”. Aquí xa comeza o debate de se houbo un acordo para matarse antes de que os collesen ou se a Garda Civil foi a que os asasinou, ou se realmente estaban xa antes mortos, debido á auga das caldeiras.

Foron enterrados en Pereiró, en Vigo e despois no de Baión-Vilanova de Arousa. Pero, finalmente, en xuño de 1988, os seus restos foron traídos ao camposanto de Rianxo, xunto á súa familia.

Actualización: Grazas ao comentario de Álvaro Ordóñez puidemos coñecer un vídeo no que se realizou unha pequena homenaxe a estes falecidos. Foi o 23 de abril do 2013, polo 75 cabodano da súa morte. Alí falou Concha Nogueira, a falecida dunha das parellas que morreu naquel barco, quen cun fío de voz explica que “se entregaron á morte, como ao ceo da noite. Cada tiro, unha estrela. Cando foron máis irmáns oito homes e unha muller?” (minuto 4.06). Estremecedor:

5 Respostas a “Os irmáns Insua e a súa tráxica morte”

  1. Álvaro Ordóñez 01/17/2016 ás 10:54 #

    A historia do Bou Eva é aterradora, e xusto andaba esta semana pensando que sendo dúas das persoas rianxeiras que faleceron nel non se tivera feito algunha homenaxe ou que alguén a contara, como este post, para que a xente a coñeza.

    Unda das versións e que recollera Rafael Dieste di que cando se sacaron os corpos a terra dos 9, oito deles tiñan un tiro na esquerda, menos un que por ser el o derradeiro tivo que pegarso na dereita.

    Unha das fillas da parella que foi asasinada no Bou Eva resume a traxedia dunha maneira que pon os pelos de punta: https://youtu.be/tslcinAQxAs?t=251 “Cando foron máis irmáns 8 homes e 1 muller?”

    Saúdos. E parabéns polo bo traballo, como sempre, Oscar e Xoán 🙂

    • fotosderianxo 01/17/2016 ás 11:00 #

      O vídeo acaba de deixarme en shock. Non o coñecía, pero vouno incorporar á información, porque é moi ilustrativo. Graciñas polo comentario, Álvaro!

  2. Adolfo Muínhos. 01/17/2016 ás 16:38 #

    Si se ten feito esa homenaxe en Rianxo. Ver cando se inaugurou a rúa no 2005, coa presenza da propia Concha Nogueira.
    http://www.barbantia.es/www/cont/index.php/2005/12/12/barbantia-presenta-en-rianxo-o-anuario-dentro-dos-actos-dedicados-aos-irmans-insua/
    Evidentementemente nunca é abondo para lembralos. No roteiro Castelao, de recente publicación sinalamos o cemiterio de Rianxo coa presenza destes persoeiros fundamentais da nosa historia local así como hai unha foto que os lembra no Museo Manuel Antonio.
    Tamén engado o dato de que o suposto delator (polo menos é unha versión que escoitei en Rianxo), sería despois asasinado polo célebre Foucellas en Taragoña, onde o estanco, para engadir un elemento máis a este cruel e fermosísima historia que daría un espectacular guión de cinema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: